oLa PeÑa dE pOnTe WOW!!!

¿Como estades todos? Máis ou menos sei un pouco de todos pqo móvil de meus avoíñós dame a vida! jeje. É que se non fora por iso íame sair un pouco caro falar con vós, pero bueno... un forsito para tar en contacto é bo facelo.

En fins, quería despedirme de todos e non sabía como facelo asíque fágoo na nosa cafetería virtual que non podemos deixar de lado pq é onde nos reunimos todos.

Agora que me vou, sei que o vou pasar ben, pero quería darvos un bico a todos anque sexa virtualmente e máis un abrazo para que non vos olvidedes de min e me escribades mails. Eu contareivos que tal todo por alá.

O sábado marcho con meus papis para Madrid para quedarnos esa noite alí e logo ó día seguinte lévanme ó aeroporto. Se non é un palizón ter que levantarnos ás 3 ou 4 da mañá pq o voo sae ás 12 o domingo e teño que estar dúas horas antes e entre topar barajas e todo... Así tamos mais tranquilos e descansados, que me vai facer falta para as 16 horas de viaxe. Vou chegar rendida, pero vale a pena seguro.

Bueno, un biquiño para todos e oxalá volo puidera dar pero mándovolo. Sinto non habervos visto a todos no verán, pero non me olvido de vos nunca, eh!

Mantémonos en contacto.

Quérovos moito!!!!

pd: por certo, dicídeme como se colgan fotos aquí como fai marta e lu, pq non sei poñer unha foto antes deste texto. Grazas