Hola a tod@s! Quero gastar un post nas miñas desculpas
anticipadas por nom asistires á cita de mañá. Sei que sempre insisto en que estemos todos xuntos pero de verdade a miña ausencia nom é ninjún capricho senóm un exceso de sentimento.

Veredes, levo días soíña na casa exiliada coma un escritor rematando de ler libros que deixei empantanados pero sobre todo cavilando sobre estes catro anos. O balance é moi bo inda que pensedes que estou a faceros a rosca. O certo é que aprendín moitas cousiñas de vós, nom hai nada máis que verme (espero que vos de min ningunha jijiji).

Día tras día sumérxome nos meus pensamentos, no meu diario
cerebral. Véñenseme á cabesa innumerables historias que me fan rir e ó mesmo tempo chorar. Falo de lendas da Pontevedra City, de Benito, da facul, do campillo, do carabás… que só nós sabemos que son certas porque as vivimos. Somos a Santa Compaña de Ponte! Quero que eses momentos sigan eí, nesa cidade, nesas rúas… Precisamente por iso fáiseme duro volver a pisar Ponte, nom quero meter o dedo na llaga. Grazas a todos polos momentos máis felices da miña vida pero nom quero afacerme a idea de que esa incríbel etapa remata.

Quero que o recordo de Ponte sirva para encher o meu corazón
de ledicia cando esté triste porque sei que once personiñas terán un minuto ó outro lado do teléfono ou sexa donde sexa para prestarme atención.

Grazas a todos por todo pero nom podo, nom podo, nom teño forzas para volver a ese lugar, Ponte só forma parte xa dos meus soños, pero vós da miña vida real. XAMAIS VOS ESQUECEREIIIIIIIIIIIIIIIIIII, ÁMOVOSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS

P.D. Cris está pendente a firma da túa camiseta, ese é un motivo de visita si.

Dj_Lu